Condicións legais
1. Aceptación das Condicións legais de contratación
Mediante a aceptación do presente contrato (a través da activación do clic), o usuario declara: Ser unha persoa maior de idade e con capacidade para contratar, e que leu e acepta as presentes Condicións legais. Estas condicións legais (en adiante, «as Condicións legais») regulan a relación xurídica que xorde dos procesos de contratación realizados entre os usuarios (en adiante, «os usuarios») e a páxina web localizada no enderezo 'http://www.sonar.es', propiedade de Advanced Music S.L. (en adiante «Sónar»). Os usuarios aceptan as Condicións legais desde o instante que utilicen (consulten, visiten, etc.) ou contraten calquera servizo. Este documento pode ser impreso e almacenado polos usuarios. Sónar pon a disposición destes o enderezo de correo electrónico sonar@sonar.es, para que poidan formular calquera dúbida acerca das Condicións legais.
2. Lexislación aplicable
As presentes Condicións legais rexerán e interpretarán ao abeiro das Leis do reino de España e en especial están suxeitas ao disposto na Lei 7/1998, de 13 de abril, sobre Condicións Xerais de Contratación, na Lei 26/1984, de 19 de xullo, Lei Xeral para a Defensa de Consumidores e Usuarios, a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e á Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.
3. Política de uso do servizo e responsabilidades
Sónar non garante a dispoñibilidade permanente dos servizos e queda exonerado por calquera tipo de responsabilidade por posibles danos e perdas causados debido á indispoñibilidade do servizo por causas de forza maior ou erros nas redes telemáticas de transferencia de datos, alleos á súa vontade. Sónar non se fai responsable do contido das ligazóns a outras páxinas web que non sexan titularidade súa e que, polo tanto, non poden ser controladas por esta. O usuario manifesta coñecer que a información facilitada por Sónar a través dos seus apartados ou servizos non ten carácter vinculante ou legal e unicamente se ofrece para efectos informativos.
4. Modificación das Condicións legais
Sónar poderá modificar as Condicións legais sen previa notificación aos usuarios, co fin de mellorar os servizos ofrecidos a través de www.sonar.es. Mediante a modificación das Condicións legais expostas na páxina web de www.sonar.es, entenderase por cumprido ese deber de notificación. En todo caso, antes de utilizar os servizos, cómpre consultar as Condicións legais.
5. Política de privacidade e protección de datos persoais
Coa entrega do enderezo de correo electrónico ou outros datos persoais, requisito necesario para a contratación de certos servizos, os usuarios dan o seu consentimento para que eses enderezos sexan tratados e, ademais, utilizados para enviar comunicacións comerciais de promoción ou publicidade dos servizos ou produtos ofrecidos por Sónar (Advanced Music) ou dos seus patrocinadores. Sónar pon a disposición dos usuarios o enderezo de correo electrónico sonar@sonar.es para que estes revoquen o consentimento prestado. Sónar declara que cumpre a normativa vixente respecto á Protección de datos, en particular a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e o Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, que desenvolve a devandita lei orgánica. Sónar pon a disposición dos clientes os medios de contacto referidos no parágrafo anterior para que estes exerzan os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola lexislación vixente. Sónar declara que en ningún caso os datos facilitados polos usuarios serán cedidos a terceiros fora dos anteriormente citados.
6. Cumprimento da propiedade intelectual
Os contidos subministrados por Sónar están suxeitos aos dereitos de propiedade intelectual e industrial e son titularidade exclusiva de Advanced Music S.L. ou das persoas físicas ou xurídicas que a forman. Mediante a adquisición dun servizo, Sónar non confire ao adquirente ningún dereito de alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública sobre o mesmo; Sónar resérvase todos estes dereitos. A cesión dos devanditos dereitos precisará o previo consentimento por escrito por parte de Sónar. O usuario non poderá poñer a disposición de terceiras persoas eses contidos. A propiedade intelectual esténdese, ademais do contido incluído en www.sonar.es, aos seus logotipos, deseño, imaxes e código fonte utilizado para a súa programación.
7. Notificacións
Todas as notificacións, requirimentos, peticións e outras comunicacións que teñan que efectuar as partes con relación ás presentes Condicións legais, deberán realizarse por escrito e entregaranse en man ou ben serán remitidas por correo certificado.