
Sónar é un festival de música avanzada e arte multimedia que se celebra durante tres días do mes de xuño en Barcelona, e este ano por primeira vez tamén na Coruña. A múltiple oferta artística de Sónar divídese entre as actividades de Sónar de Día (nos espazos do CCCB e o MACBA) e o Sónar de Noite (Fira Gran Via [M2], L’Hospitalet), xunto a actos paralelos como os concertos no L’Auditori.
Na última edición do festival, máis de 84 mil persoas puideron gozar dunha coidada programación que combina os grandes nomes da electrónica actual, cun gran número de artistas e dj emerxentes das máis actuais tendencias musicais e de new media.
Sónar caracterízase ademais por ser un punto de encontro tanto para un público procedente de todo o mundo e ávido de novidade, como para os profesionais, que encontran no marco do festival o lugar ideal para faceren negocio e contactos.
Este ano o festival celébrase os días 16, 17 e 18 de xuño e, por segunda vez na Coruña os días 17 e 18 de xuño.
O festival traspasou regularmente as fronteiras españolas desde 2002 con actos en distintos lugares do mundo que mostran o estado descentralizado da música electrónica, así como os novos talentos ou os éxitos atemporais do xénero. Sónar viaxou a Londres, Nova York, Bos Aires, São Paulo, Seúl, Frankfurt, Chicago ou Tokyo, entre moitos outros destinos.
Plataforma de descubrimento e festival puramente urbano, Sónar é un acontecemento pioneiro e influínte no calendario europeo de actos culturais grazas á unicidade da súa oferta lúdica e a singularidade do seu emprazamento.
