Noticias
  • Underworld
  • Buraka Som Sistema - Buffalo Stance
  • Colectivooruga - December's Descent
  • Richie Hawtin - Minus
  • M.I.A. - XXXO
  • Mr.Fishman a.k.a Dr.Think - O Xadrez de Mr. Spock
Lista de noticias
¡Unha semana para Sónar Galicia!
Sónar 2011 | 10.06.2011
|

O venres, a sesión de Judah e a de Colectivooruga abren SonarHall e SonarClub ás 22h, respectivamente. Unha noite na que pasarán, polo primeiro escenario, os portugueses HHY & The Macumbas, os galegos DJ Ino & La Keise Band, Galis 115, Wasilkoski e Caino & Zinqin, e, pechando, o hipnótico directo do británico Shackleton e a sesión do incomparable The Gaslamp Killer. Mentres, en SonarClub, trío de actuacións de altísimo nivel co Underworld, Magnetic Man e Buraka Som Sistema, e sesións de DJ Sith, DJ Mehdi vs Brodinski y James Holden, encargado do peche co seu techno sinuoso para a pista de baile.

Consulta a programación do Venres 17

A segunda xornada de Sónar Galicia en SonarHall contará coas actuacións dos nacionais Lasers, do cuarteto de synth pop australiano Cut Copy, do prestixioso produtor británico Four Tet e do hip hop valente e provocador de Die Antwoord, con sesións dos galegos Ningunos DJs e Mr.Fishman a.k.a. Dr.Think, e un peche de luxo, co set de James Murphy. Mentres, en SonarClub abrirá Munchi, cunha das súas sesións de moombathon e breaks latinos, antes de que M.I.A. e Martyn ofrezan os seus respectivos e esperados directos; tras eles, trío de ases para pechar a noite bailando sen fin: Richie Hawtin, Radioslave y Boys Noize.

Consulta a programación do Sábado 18