Imaxe 2011


Festival Sónar en venta
Se vende festival anual con gran proyección internacional

Razón:
Sr. Samaniego + 34 672 030 543 sales@sonar.es


Gañadores do DJ Pass e do Ego Pass

Xa teñen dono os dous pases extraordinarios que Sónar poxou a través de eBay como parte da súa campaña de imaxe.

Por unha banda, os dous EGO Pass que permiten aos seus gañadores dispor de 20 segundos nas pantallas dos principais escenarios de Sónar Galicia e Sónar Barcelona conseguíronos Mariokissme e Manel Rocher, respectivamente.

Mariokissme es un artista gráfico nacido en Málaga que vive y trabaja en Barcelona. Sin embargo, será en A Coruña, en el escenario SonarClub, donde -durante los 20 segundos que le otorga el EGO Pass- podrá mostrar su trabajo y el talento que atesora ante la mirada de miles de personas.

Manel Rocher é enxeñeiro químico e vive no Pirineo. Pero, sobre todo, o que define a este respectable pai de familia de 54 años é a súa paixón pola música e a fascinación obsesiva que sente polas poxas de eBay. Cando atopou o EGO Pass, non o pensou dúas veces. Os 20 segundos de gloria nas pantallas de SonarClub, en Sónar Barcelona, son seus.

Pola outra banda, o DJ Pass. O usuario de eBay que poxou 6.000 euros por actuar non chegou a efectuar a compra dentro do prazo estipulado. Por este motivo, a organización do festival decide outorgar tan extraordinaria honra ao elegante e distinguido Sr. Samaniego, marchante artístico e vendedor do lote de Sónar 2011, protagonista do spot televisivo do festival e, como non, grande coñecedor da historia de Sónar. Él será, finalmente, quen se encargue da sesión do venres 17 de xuño, á 1:30 da noiteno novo escenario SonarCar de Sónar Barcelona. Esta será, sen dúbida, a aparición estelar e a posta en escena da imaxe de Sónar, tal como acontece cada ano durante Sónar de Noite.

|