Condicións Xerais de Venda de Entradas e Acceso


A adquisición da entrada representa a aceptación das seguintes condicións:

Tipos de entrada
Abono: Concede dereito de acceso a todas as actividades realizadas en EXPOCoruña. Unha vez abandoado o recinto, esta entrada non lle dá dereito a volver a entrar.
Entrada 1 noite: Concede dereito de acceso durante unha só noite (venres ou sábado) ás actividades realizadas en EXPOCoruña. Unha vez abandoado o recinto, esta entrada non lle dá dereito a volver a entrar.

Adquisición de entradas e admisión no recinto
1.- As entradas só poderán ser adquiridas en puntos de venda expresamente autorizados pola organización e, unha vez adquiridas, non serán cambiadas nin devolto o seu importe. Toda entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación autorizará a organización a privar o seu portador do acceso á zona de concertos e actividades.

2.- A organización resérvase o dereito de admisión daquelas persoas que racionalmente se poida presumir que vaian implicar unha situación de risco e especialmente ao posuidor dunha entrada en caso de detectar nela calquera anomalía ou falsificación. A detección de calquera uso fraudulento da entrada será perseguida de acordo coa lexislación vixente.

3.- Os asistentes poderán ser rexistrados conforme á lexislación vixente e non se permitirá a entrada de obxectos que poidan ser considerados perigosos por parte da organización ou prohibidos pola normativa, así como cámaras fotográficas profesionais, de vídeo ou gravadoras.

4.- Calquera asistente, mesmo unha vez que acceda ao recinto, poderá ser expulsado, sen dereito a ningún reembolso, por causar alboroto, portar ou consumir drogas, ou por presentar estados de intoxicación aparente ou potencial, e responsabilízase persoalmente e en todo caso das súas propias accións e omisións que puidesen causar danos a terceiros ou a cousas.


Volver á páxina de entradas
Prohibición do uso das entradas con fins publicitarios
A posesión da entrada non dá dereito a utilizala con fins publicitarios, de mercadotecnia ou promoción. O seu uso indebido obrigará o anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectivo o pagamento dunha sanción equivalente a mil veces o prezo da entrada de maior importe do acto, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e perdas xerais. Así mesmo, a entrada detectada que infrinxa esta prohibición poderá ser requisada e quedará anulada con carácter inmediato.

Alteracion ou suspensión do festival
1. A organización resérvase en calquera momento o dereito de alterar ou modificar o programa do Festival Sónar.

2. A cancelación, total ou parcial, do Festival Sónar por causas fortuítas ou de forza maior en ningún caso darán lugar á devolución do importe da entrada.

Admisión de menores
1. Non está permitida a admisión de menores de 18 anos no recinto do Festival Sónar Galicia.

Dereitos de propiedade intelectual e imaxe
1. Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados, directa ou indirectamente, das presentacións artísticas ou calquera outras que desen lugar co gallo da celebración do Festival Sónar. Así mesmo, queda terminantemente prohibida a captación, filmación ou gravación de imaxes ou sons sen a previa autorización escrita do organizador.

2. O público asistente consente a súa aparición en imaxes tomadas por calquera medios para a súa posterior difusión promocional e/ou comercial do Festival Sónar.